Leite corporal indicado para todo tipo de pel con leite ecolóxico de vaca procedente da “Granxa Maruxa”, todo un referente na produción ecolóxica; e oleato de milenrama ecolóxico das plantacións da cooperativa Milhulloa na comarca da Ulloa. A unión destes dous ingredientes naturais garanten unha pel hidratada, suave, protexida e cun suave aroma de herba...
Indicada para todo tipo de peles. A manteiga, extraída da pel da laranxa, hidrata intensamente e evita a perda da humidade natural da pel. O seu aroma, a laranxa recén exprimida, resulta delicado e refrescante. 400 ml.
Especialmente recomendado para pel mixta ou graxa. Limpa a pel e completa a labor do demaquillante. Os principios activos da Manuka (unha especie de árbore de té) reducen os poros dilatados e os ácidos orgánicos que contén exercen unha acción de exfoliación suave. 200 ml.
Crema de noite reafirmante para pel moi sensible con propiedades hidratantes e calmantes. Non contén perfume, siliconas nin aceites minerais, e inclúe só os ingredientes imprescindibles para garantir a súa efectividade. 50 ml.
Manteiga de karité 100% pura procedente de cultivos ecolóxicos. Pode ser usada como crema habitual en todos os tipos de pel e tamén resulta eficaz para aliviar as irritacións e queimaduras solares. Forma unha capa invisible sobre a pel que a protexe e impide a súa deshidratación. 100 ml.
Aceite corporal 100 % natural a base de de árnica con efecto calmante e antiinflamatorio. Os aceites esenciais antiinflamatorios e miorelaxantes da súa composición alivian as dores localizadas como a dor de lombo ou cervical. 60 ml.
Indicada para peles maduras, suaviza as engurras existentes a evita a aparición de novas. Incrementa a elasticidade da pel e frea o envellecemento. Reduce as arrugas, suaviza a pel e mellora a hidratación. Reduce as manchas e proporciona unha pel radiante e uniforme. 50 ml.
Aceite puro de rosa mosqueta cultivada de xeito ecolóxico nos Andes. Ten un enorme poder rexenerador celular. Atenúa as engurras, as marcas producidas pola acne e as estrías e axuda a tratar e rexenerar as cicatrices.O seu uso diario rexenera e nutre a pel atrasando o seu envellecemento. 30 ml.
O noso xabón artesán con karité ten propiedades suavizantes para a pel e reparadoras en engurras e estrías. Polas súas propiedades antiirritantes trátase dun xabón ideal para peles delicadas, con tendencia ás alexias ou a poñerse encarnadas. A manteiga de karité forma unha fina película invisible sobre a pel que actúa como barreira que a protexe e evita a...
Xampú da liña de Leite de Cabra indicado para cabelos secos e/ou sen brillo. Contén keratina e proteínas procedentes do leite de cabra. Limpa de xeito suave e eficaz tanto o cabelo coma o coiro cabeludo. Restaura a estrutura do cabelo estragado aumentando a súa flexibilidade. Aporta brillo e volume natural ao cabelo e facilita o seu peiteado. 400ml.
Aceite esencial 100 % puro de árbore de té cultivado en Australia.O aceite esencial de árbore de té ten un efecto antiséptico triplo: actúa contra bacterias, fungos e virus. É ademais cicatrizante, desodorizante e antiinflamatorio. 12 ml.
Xel xampú de árbore de té con aceites esenciais ecolóxicos de árbore de té, limón, pachulí, tomiño e lavanda. Un xel ideal para acudir a ximnasios ou piscinas públicas grazas ás propiedades funxicidas da árbore de té. É tamén moi recomendable para a hixiene íntima feminina. 300 ml.
Crema facial 100% natural con certificado ecolóxico para todo tipo de pel. Feita con ingredientes naturais galegos seleccionados polas súas propiedades antioxidantes, reparadoras e hidratantes: Leite da Granxa Maruxa, Oleato e Hidrato de Milenrama Milhulloa, Extracto de sidra de Ribela, Extracto de alga de Mar de Ardora, Aceite esencial de Romeu, Cera de...
Bálsamo labial 100% natural feito con ingredientes ecolóxicos de orixe galega. A combinación de oleato de flor de grelo de Milhulloa, cera e mel cru de alta montaña de Sovoral proporcionan unha triple acción reparadora, antibacteriana e antioxidante. Unha innovadora proposta de Muuhlloa cos mellores produtos galegos.Preséntase nun práctico envase metálico...