Aceite corporal 100% natural de caléndula preparado sobre unha base de aceite de améndoas. Indicado para peles sensibles, incluso en nen@s. Resulta moi efectivo en casos de dermatose, rozaduras ou sinxelamente como hidratante corporal para despois da ducha. 125 ml.
Xel de baño con rosa mosqueta e caléndula ecolóxicas e tensioactivos naturais que suavizan e protexen a pel. Resulta ideal para toda a familia e moi recomendable para peles con dermatite, eccema, psoriase e as peles máis sensibles como a dos bebés. 750 ml.
Xel xampú de árbore de té con aceites esenciais ecolóxicos de árbore de té, limón, pachulí, tomiño e lavanda. Un xel ideal para acudir a ximnasios ou piscinas públicas grazas ás propiedades funxicidas da árbore de té. É tamén moi recomendable para a hixiene íntima feminina. 300 ml.
Desodorizante sen triclosan nin aluminios. Permite a transpiración natural da pel eliminando o cheiro corporal de xeito natural e sen irritar a pel grazas á acción dos aceites esenciais de árbore de té, limón, pachulí e salvia. 75 ml.
Aceite esencial 100 % puro de árbore de té cultivado en Australia.O aceite esencial de árbore de té ten un efecto antiséptico triplo: actúa contra bacterias, fungos e virus. É ademais cicatrizante, desodorizante e antiinflamatorio. 12 ml.
Aceite de améndoas 100% natural de primeira presión en frío. Ten propiedades suavizantes e aporta elasticidade á pel. Trátase do aceite base por excelencia ao que se pode engadir calquera outro aceite esencial. 200 ml.
Auténtico xabón de Marsella ecolóxico fabricado cos métodos tradicionais. 100% de orixe natural e certificado ECOCERT. Moi rico en aceite de oliva ecolóxico obtido por primeira presión en frío. Ten propiedades calmantes e axuda a equilibrar o pH da pel. Contén aceite esencial de lavanda, aceite de coco, Potassium olivate de aceite de oliva BIO de primeira...
Xel de baño rexenerante con propiedades anti-idade que nutre e rexenera a pel. Mestura a manteiga de karité de cultivo ecolóxico con outros 10 ingredientesnaturais: Aceite ecolóxico de argán e rosa mosqueta, aceites esenciais de lavanda, mirra, macela, árbore de té, cedro, limón, laranxa e extracto de té verde. Ideal para hidratar a pel, atrasar o...
Este aceite corporal resulta especialmente relaxante. Pódese aplicar sobre a pel cunha masaxe suave ou nun baño relaxante (dous taponciños diluídos na auga da bañeira serán suficientes). Neste aceite corporal o aceite de flor de laranxeira, tamén chamado néroli, atópase macerado en aceite de améndoas de primeira presión en frío xunto con xerme de trigo e...
Aceite corporal 100% natural de eucalipto con efecto balsámico que o fai ideal en épocas de frío. Recomendado para toda a familia, mesmo os máis pequenos. Elaborado con aceites esenciais de eucaliptus, árbore do té, menta, limón e lavanda sobre una base de améndoas. A súa aplicación no peito e as costas combate os síntomas de catarro, gripe e mellora os...
Crema especialmente formulada para o coidado de pés e mans que combina as propiedades protectoras e suavizantes da manteiga de Karité coa acción rexeneradora e antiséptica do limón. 100ml.
Leite corporal indicado para todo tipo de pel con leite ecolóxico de vaca procedente da “Granxa Maruxa”, todo un referente na produción ecolóxica; e oleato de milenrama ecolóxico das plantacións da cooperativa Milhulloa na comarca da Ulloa. A unión destes dous ingredientes naturais garanten unha pel hidratada, suave, protexida e cun suave aroma de herba...
Loción capilar Muuhlloa creada con ingredientes 100% ecolóxicos procedentes da colaboración da “Granxa Maruxa” e “Milhulloa”. Ten unha acción estimulante do coiro cabeludo, que se ve fortalecido pola acción de ingredientes como a pementa de Caiena, a estruga, o romeu a salvia ou o buxo, que ven sendo utilizado de xeito tradicional dende hai séculos para...
O mineral de alumbre é un eficaz desodorante e cicatrizante natural. Sen conservantes, alcohol, derivados do petróleo nin parabenos, é ademais ecolóxico pois o seu uso non contamina nin prexudica o medio ambiente.Grazas ás súas propiedades astrinxentes e antisépticas o seu uso como desodorante resulta moi efectivo.120 gr.
Bálsamo corporal con efecto térmico frío/calor indicado para zonas con dor. A súa textura lixeira faino moi doado de aplicar en calquera zona do corpo.A súa formulación inclúe silicio, harpagofito, árnica, herba de San Xoán, unha selección de aceites esenciais (macela, cimbro, maiorana e laranxa), carrascas de San Xoán, castaña de indias, mentol e...