Aceite corporal 100% natural de eucalipto con efecto balsámico que o fai ideal en épocas de frío. Recomendado para toda a familia, mesmo os máis pequenos. Elaborado con aceites esenciais de eucaliptus, árbore do té, menta, limón e lavanda sobre una base de améndoas. A súa aplicación no peito e as costas combate os síntomas de catarro, gripe e mellora os...
Este aceite corporal resulta especialmente relaxante. Pódese aplicar sobre a pel cunha masaxe suave ou nun baño relaxante (dous taponciños diluídos na auga da bañeira serán suficientes). Neste aceite corporal o aceite de flor de laranxeira, tamén chamado néroli, atópase macerado en aceite de améndoas de primeira presión en frío xunto con xerme de trigo e...
Aceite de améndoas 100% natural de primeira presión en frío. Ten propiedades suavizantes e aporta elasticidade á pel. Trátase do aceite base por excelencia ao que se pode engadir calquera outro aceite esencial. 200 ml.
Aceite puro de rosa mosqueta cultivada de xeito ecolóxico nos Andes. Ten un enorme poder rexenerador celular. Atenúa as engurras, as marcas producidas pola acne e as estrías e axuda a tratar e rexenerar as cicatrices.O seu uso diario rexenera e nutre a pel atrasando o seu envellecemento. 30 ml.
Aceite puro de argán procedente de cultivo ecolóxico para uso facial e corporal. Ten unhas notables propiedades antienvellecemento e unha gran capacidade para hidratar e nutrir a pel de rostro e corpo. 60 ml.
Elaborado con manteiga de karité, aceite de almendras e manteiga de cacao este acondicionador sólido e vegano é perfecto para todo tipo de cabelos. Fortalece e restaura o cabelo danado. Ofrece un brillo e suavidade espectacular ao cabelo. Humedecer a pastilla baixo auga morna uns segundos, aplicar no cabelo e estender o produto insistindo nas puntas....
Preparado cun 97% de zume de áloe vera ecolóxico enriquecido con aceite esencial de árbore de té e lavanda que aportan os seus efectos antisépticos e calmantes ao áloe. Hidrata, protexe, suaviza e rexenera a pel. 250 ml.
Crema facial antiengurras con aceite de argán ecolóxico. O seu alto contido en vitamina E apórtalle un enorme poder antioxidante e resulta ideal para combater as engurras e lucir unha pel tersa e radiante. 50 ml.
Aceite esencial 100 % puro de árbore de té cultivado en Australia.O aceite esencial de árbore de té ten un efecto antiséptico triplo: actúa contra bacterias, fungos e virus. É ademais cicatrizante, desodorizante e antiinflamatorio. 12 ml.
Aceite corporal 100 % natural a base de de árnica con efecto calmante e antiinflamatorio. Os aceites esenciais antiinflamatorios e miorelaxantes da súa composición alivian as dores localizadas como a dor de lombo ou cervical. 60 ml.
Bálsamo corporal con efecto térmico frío/calor indicado para zonas con dor. A súa textura lixeira faino moi doado de aplicar en calquera zona do corpo.A súa formulación inclúe silicio, harpagofito, árnica, herba de San Xoán, unha selección de aceites esenciais (macela, cimbro, maiorana e laranxa), carrascas de San Xoán, castaña de indias, mentol e...
Arxila verde 100% natural ideal para realizar máscaras faciais e corporais ou cataplasmas depurativas e calmantes. Purifica a pel arrastrando as impurezas e ten un efecto calmante e remineralizante.300 ml.
Auga de colonia con fragancia de almiscre elaborada con ingredientes naturais e 100% veganos.Cantidade: 100ml.
Aceite corporal 100% natural de caléndula preparado sobre unha base de aceite de améndoas. Indicado para peles sensibles, incluso en nen@s. Resulta moi efectivo en casos de dermatose, rozaduras ou sinxelamente como hidratante corporal para despois da ducha. 125 ml.
Aceite corporal 100 % natural de castiñeiro da India con acción circulatoria e tonificante ideal para tratar a inchazón e a sensación pesada nas pernas cansas. A acción do castiñeiro da India é reforzada polos aceites esenciais de menta, romeu, ciprés e limón. 60 ml.