Rosa Mosqueta, aceite corporal

Produto novo

Aceite corporal 100% natural de Rosa Mosqueta sobre unha base de aceite de améndoas. Ademais do aceite de rosa contén xerme de trigo e aceite esencial de lavanda. Ideal para atenuar as estrías, cicatrices ou calquera imperfección da pel.
125 ml

Máis detalles

17,95 €

- +

Marca: Mon

Etiquetas: corporal, Aceite

 
Máis información

Aceite corporal 100% natural de Rosa Mosqueta sobre unha base de aceite de améndoas. Ademais do aceite de rosa contén xerme de trigo, rico en vitamina E,  e aceite esencial de lavanda. As propiedades rexenerantes da rosa mosqueta fan deste aceite unha importante ferramenta para atenuar as estrías, cicatrices ou calquera imperfección da pel. A súa preparación en aceite de améndoas faino máis cómodo de aplicar en grandes zonas de pel que o aceite puro de rosa mosqueta, xa que en lugar dunhas poucas gotas podemos estender unha cantidade máis grande de aceite distribuíndoo con máis facilidade.
Aplicación: Aplícase para hidratar a pel sobre a pel limpa preferiblemente despois do baño ou despois da exposición ao sol.
Debido ao seu contido en aceites esenciais non se recomenda o seu uso durante o embarazo ou a lactancia. Se estás embarazada ou dando o peito é preferible usar o aceite puro de rosa mosqueta e se queres estendelo con maior facilidade podes diluílo ti mesma en aceite de améndoas.
Cantidade: 125 ml.

 
Composición

Prunus amygdalus dulcis oil (aceite de améndoas doces), Rosa canina fruit oil (aceite de rosa mosqueta), Triticum vulgare germ oil (aceite de xerme de trigo), Lavándula officinalis flower oil (aceite de lavanda), Linalool.

30 outros produtos da mesma categoría:

Áloe Vera

14,99 €

Menu