Produto novo
Aceite esencial 100 % puro de árbore de té cultivado en Australia.
O aceite esencial de árbore de té ten un efecto antiséptico triplo: actúa contra bacterias, fungos e virus. É ademais cicatrizante, desodorizante e antiinflamatorio.
12 ml.
Aceite esencial 100 % puro de árbore de té cultivado en Australia.
O aceite esencial de árbore de té ten un efecto antiséptico triplo: actúa contra bacterias, fungos e virus. É ademais cicatrizante, desodorizante e antiinflamatorio. Ten multitude de usos e as súas propiedades antisépticas, funxicidas e antiacneicas están recoñecidas polo departamento de sanidade australiano, de onde é orixinario.
Aplicación: Entre os seus moitos usos imos destacar algúns dos máis habituais.
Para a pel con acne ou graniños: podes aplicar unhas gotiñas directamente sobre as zonas afectadas cun bastonciño de algodón. O aceite esencial de árbore de té axuda a limpar os poros, a súa acción antiséptica evitará que os grans se infecten e o seu efecto antiinflamatorio axudará a reducilos.
Para fungos na uñas: aplicar directamente sobre a uña cun algodonciño 1 ou dúas veces ao día.
Para pé de atleta ou outros problemas de fungos: pódense aplicar unhas gotas de aceite de árbore de té directamente sobre a zona afectada cun algodón ou mesturar cinco gotiñas nunha cullerciña de aceite de améndoas e estender a mestura por todo o pé até que se absorba.
Como protección ante os piollos: Podes utilizar o xampú con árbore de té que tamén tes nesta tenda ou engadir unhas gotas de aceite esencial ao teu xampú. En épocas nas que empezan a proliferar os piollos podemos aplicar unhas gotas directamente sobre o pelo e deixalo actuar 20 minutos tapado cun gorriño de plástico.
Para os herpes: en canto empeces a notar a súa aparición na pel debes impregnar a zona directamente cun algodón empapado no aceite esencial varias veces ao día. O seu efecto antiséptico axuda a que o herpes seque con rapidez e non se propague.
Cantidade: 12 ml.