Loción capilar Muuhlloa. Cosmética galega 100% natural.

Produto novo

Loción capilar Muuhlloa creada con ingredientes 100% ecolóxicos procedentes da colaboración da “Granxa Maruxa” e “Milhulloa”. Ten unha acción estimulante do coiro cabeludo, que se ve fortalecido pola acción de ingredientes como a pementa de Caiena, a estruga, o romeu a salvia ou o buxo, que ven sendo utilizado de xeito tradicional dende hai séculos para tratar problemas capilares.
100ml.

Máis detalles

29,00 €

- +

 
Máis información

Loción capilar creada con ingredientes 100% ecolóxicos procedentes da colaboración da “Granxa Maruxa” e “Milhulloa” da comarca da Ulloa, ámbalas dúas ben coñecidas pola súa adicación e compromiso co sector ecolóxico e artesanal en terras galegas. Esta loción ten unha acción estimulante do coiro cabeludo, que se ve fortalecido pola acción de ingredientes como a pementa de Caiena, a estruga, o romeu, ou a salvia. Ademais destes ingredientes, na súa formulación destaca o buxo, que ven sendo utilizado de xeito tradicional dende hai séculos para tratar problemas capilares.
Debe ser axitado antes da súa aplicación e aplicalo coa pipeta sobre o coiro cabeludo seco ou húmido masaxeando até que se absorba por completo. Unha vez aplicado non se debe aclarar.

Cantidade: 100ml.

 
Composición

Alcohol denat, Aqua, Rosmarinus officinalis leaf extract, Salvia officinalis leaf extract, Urtica dioica extract, Buxus sempervirens extract, Capsicum frutescens extract, Rosmarinus officinalis oil, Limonene, Linalool.

30 outros produtos da mesma categoría:

Áloe Vera

14,99 €

Menu