Produto novo
Manteiga de karité 100% pura procedente de cultivos ecolóxicos. Pode ser usada como crema habitual en todos os tipos de pel e tamén resulta eficaz para aliviar as irritacións e queimaduras solares. Forma unha capa invisible sobre a pel que a protexe e impide a súa deshidratación.
100 ml.
Manteiga de karité 100% pura procedente de cultivos ecolóxicos. Pode ser usada como crema habitual en todos os tipos de pel e tamén resulta eficaz para aliviar as irritacións e queimaduras solares. Ao aplicala forma unha capa invisible sobre a pel que fai as veces de barreira que a protexe e impide a súa deshidratación. Ten unhas notables propiedades hidratantes, suavizantes e antioxidantes que a fan ideal para atrasar o envellecemento da pel. A manteiga de karité ten unha excelente tolerancia cutánea incluso na pel das mucosas, polo que resulta perfecta para protexer as peles delicadas ou zonas especialmente sensibles como rostro, mans, pes, xeonllos, cóbados, xenitais, labios, etc... incluso en persoas con tendencia a problemas cutáneos (descamación, dermatite, eccemas...) Sobre o rostro pode ser usada como crema de día e de noite, xa que a barreira de protección que crea non resulta visible e non xera brillos.
A característica que fai única a manteiga de karité é o alto contido en materia graxa insaponificable, que acelera o crecemento dos tecidos estimulando a rexeneración da pel.
Aplicación: A manteiga de karité ten un aspecto sólido e ceroso. Para aplicala comodamente debe collerse a cantidade que se vai utilizar e frotala entre as mans, fundirase inmediatamente resultando unha emulsión sedosa moi fácil de estender sobre a pel.
O karité ten multitude de posibilidades, ademais de como crema facial, corporal ou para zonas sensibles ou irritadas suxerímosche que probes outros dos seus moitos uso:
Afeitado de peles sensibles: Aplica unha fina capa de karité antes do xabón para protexer a pel e conseguir un afeitado máis doado e sen irritacións.
Máscara capilar: estende un pouco de manteiga de karité sobre o pelo e envólveo cunha toalla deixándoo actuar uns 20 minutos antes de lavalo normalmente. Esta máscara é ideal para nutrir o cabelo seco.
Baño suavizante: pon unha culler de manteiga de karité na auga da bañeira. Acadarás unha capa invisible de karité sobre a pel de todo o teu corpo que quedará suave e satinada.
Durante o embarazo: prevén a aparición de estrías durante o embarazo e gretas no peito durante a lactancia.
Para os bebés: pode aplicarse tantas veces como sexa necesario na pel dos bebés para evitar irritacións producidas polos cueiros ou os roces.
Cantidade: 100 ml.
Composición: 100% manteiga de karité pura procedente de cultivos ecolóxicos.