Produto novo
Xabón artesán con aceite esencial de árbore de té e té verde. Ideal para tratar as peles con acne ou exceso de graxa. A tripla acción antiséptica do aceite de árbore de té (elimina fungos, bacterias e virus) convérteno tamén nun xabón perfecto para persoas que acoden a ximnasios ou piscinas públicas.
Pastilla de 100 gr.
Xabón artesán con aceite esencial de árbore de té e té verde que lle aporta un agradable aroma.
O aceite esencial de árbore de té é un potente antiséptico natural con propiedades antiinflamatorias que ademais favorece a eliminación do exceso de graxa cutánea. Estas características fan que sexa un xabón ideal para tratar as peles con exceso de graxa ou acne, xa que as súas propiedades antisépticas axudan a evitar que os graniños se infecten e a súa acción antiinflamatoria axuda a reducilos.
A tripla acción antiséptica do aceite de árbore de té (elimina fungos, bacterias e virus) convérteno tamén nun xabón ideal para persoas que acoden a ximnasios ou piscinas públicas onde poden estar expostas a fungos. Tamén resulta moi eficaz para o coidado e hixiene dos pés.