Produto novo
Xabón artesán con áloe vera a base de aceites naturais de oliva e coco indicado para rexenerar, hidratar e reparar todo tipo de peles. O áloe resulta especialmente beneficioso para as peles sensibles, estragadas ou con irritacións ou pequenas feridas como as que se poden producir despois da depilación.
Pastilla de 100 gr.
Xabón con áloe vera a base de aceites naturais de oliva e coco indicado para rexenerar, hidratar e reparar todo tipo de peles. O áloe resulta especialmente beneficioso para as peles sensibles, estragadas ou con irritacións ou pequenas feridas como as que se poden producir despois da depilación.
As propiedades cicatrizantes, calmantes e antiinflamatorias do áloe vera son ben coñecidas e por este motivo vense utilizando tradicionalmente para aliviar queimaduras, pequenas feridas, irritacións ou mesmo picaduras de insectos.
Ademais apórtalle á pel nutrintes naturais como vitaminas, minerais, aminoácidos ou encimas que favorecen a produción de células novas resultando un potente rexenerador da epiderme.
Os nutrintes naturais que ten resultan tamén moi beneficiosos para devolverlle ao cabelo a súa resistencia e flexibilidade naturais.
Pastilla de 90 gr.