Indicada para todo tipo de peles. A manteiga, extraída da pel da laranxa, hidrata intensamente e evita a perda da humidade natural da pel. O seu aroma, a laranxa recén exprimida, resulta delicado e refrescante. 400 ml.
Crema hidratante para pel seca e propensa ás engurras, resulta ideal para tratar as primeiras engurras e evitar que aparezan novas. Resulta moi efectiva tamén como base de maquillaxe. Factor de protección solar SPF20 50 ml.
Indicada para peles secas e propensas ás engurras, especialmente para aquela pel que comeza a presentar as primeiras engurriñas. 50 ml.
Máscara facial en sobriños monodose indicada para peles propensas ás engurras e para tratar as primeiras engurriñas que van aparecendo. Estimula a revitalización da epiderme. Suaviza visiblemente as pequenas engurras e atrasa o envellecemento da pel. Nutre intensamente e evita a deshidratación.
Indicada para pel seca ou moi seca con tendencia a agretarse. O leite de cabra aclara as manchas pigmentadas e mejora as decoloracións relativas á idade. A manteiga de karité crea un filtro ultravioleta natural que prevén o proceso de fotoenvellecemento da pel. 50 ml.
Loción corporal indicada para pel normal ou seca. A súa formulación como emulsión de auga en aceite aporta unha inmellorable nutrición á pel. Revitaliza e hidrata a pel de xeito visible deixándoa suave e tersa. Sorprenderate o seu aroma fresco.400ml.
Especialmente recomendado para pel mixta ou graxa. Limpa a pel e completa a labor do demaquillante. Os principios activos da Manuka (unha especie de árbore de té) reducen os poros dilatados e os ácidos orgánicos que contén exercen unha acción de exfoliación suave. 200 ml.
Crema de día indicada para hidratar e normalizar a pel mixta ou graxa a diario.Suaviza as pequenas imperfeccións da pel e regula a actividade das gándulas sebáceas, o que reduce a graxa na pel proporcionando un efecto matificante. Ademais actúa sobre os puntos negros. 50 ml.
Crema de noite hidratante cun efecto exfoliante suave, especialmente indicada para peles mixtas ou graxas.
Limpa profundamente a pel e ten propiedades exfoliantes e astrinxentes. Indicado para pel normal, mixta ou graxa. Deixa a pel suave e preparada para a aplicación de calquera outra crema facial. 75 ml.
Xel limpador de Manuka que axuda a eliminar as impurezas da pel especialmente formulado para peles graxas ou mixtas. Limpa en profundidade a pel sen conter xabón. Calma as irritacións e hidrata en profundidade. Deixa a pel limpa, hidratada e perfectamente preparada se se queren aplicar outros tratamentos cosméticos posteriores. 200ml.
Esta crema con efecto calmante está especificamente formulada para pel moi sensible, descamada ou con prurito. Contén só os ingredientes imprescindibles para evitar calquera tipo de reacción na pel extremadamente sensible. 50 ml.
Crema de noite reafirmante para pel moi sensible con propiedades hidratantes e calmantes. Non contén perfume, siliconas nin aceites minerais, e inclúe só os ingredientes imprescindibles para garantir a súa efectividade. 50 ml.
Crema especialmente indicada para talóns agretados e secos. Hidrata intensamente, abranda a pel e evita o agretamento dos talóns. É apta para o seu uso por persoas con diabetes. 80 ml.
Leite corporal hidratante indicada para o uso diario en calquera tipo de pel. A súa formulación de auga en aceite e a manteiga de cacao garanten unha acción rexeneradora e nutritiva espectacular hidratando en profundidade a pel. Axuda ademais a fortalecer a barreira natural de protección da pel. Sorprenderate o seu aroma e a suavidade que proporciona.400ml.