Protección de datos

Titular do ficheiro

A titular legal desta páxina web e por tanto dos ficheiros con datos de carácter persoal nos que se incluirán os datos recollidos e tratados dende esta web, e que se atopan inscritos no Rexistro da Axencia de Protección de Datos, é Hortensia García Díaz. Enderezo de contacto: info@agarima.com


Para exercer os teus dereitos relativos á política de privacidade ou consultar calquera dúbida sobre este tema podes dirixirte a nós e responderemos encantad@a ao que desexes comentarnos: info@agarima.com.


Datos recollidos

Pódese visitar esta páxina web sen necesidade de facilitar ningún dato de carácter persoal, porén existen diversas opcións de rexistro, consultas ou formularios de pedido onde se recollen datos de carácter persoal. Agarima.com unicamente recolle os datos persoais que resultan necesarios para xestionar os pedidos, atender as túas dúbidas ou permitir a túa interacción coa nosa páxina. Ademais, incluiremos nos nosos ficheiros calquera información adicional que nos proporciones a través dos formularios de compra dos nosos produtos ou contacto.


Utilización e finalidade dos datos recollidos

En agarima.com recóllense datos de carácter persoal coas seguintes finalidades:

Rexistro e xestión de usuarias e usuarios: Toda a información que nos proporciones no formulario de rexistro, utilízase para a gestión d@s usuari@s da páxina web. Agarima.com no admitirá intentos de rexistros falsos ou que suplanten a identidade de persoas ou empresas, o subministro de información falsa no formulario de rexistro implicará a baixa automática do usuario ou usuaria. Agarima resérvase o dereito a verificar a información facilitada mediante comprobación telefónica.

Xestión de pedidos: Cando mercas un produto na nosa tenda online, os datos que nos facilites serán utilizados para tramitar, enviar e facturar a túa compra. Unicamente os datos necesarios para o envío, a facturación e cobro dos produtos solicitados, son comunicados a terceiros (bancos, caixas de aforro e outras entidades xestoras de medios de cobro on-line como paypal, así como empresas de transporte e loxística) coas finalidades de xestionar o cobro e enviarte a túa compra.

Xestión e fidelización de clientes: Os datos persoais que nos subministres nos formularios de rexistro serán empregados ademais coa finalidade de xestión de client@s e inclusión no programa de fidelización de client@s de Agarima.com.


Uso de Cookies

Agarima.com utiliza cookies, que son pequenos ficheiros que se descargan no teu ordenador ao acceder a determinadas partes da web. As cookies permiten a unha páxina web, entre otras cousas, almacenar e recuperar información sobre los hábitos de navegación dunha usuaria ou usuario ou do seu equipo y, dependendo da información que conteñan e do xeito en que utilices o teu equipo, poden utilizarse para recoñecer a usuaria ou usuario.

Qué tipos de cookies pode utilizar esta páxina web?

Cookies técnicas: Son aquelas que permiten a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que existen nela como, por exemplo, identificar a sesión, acceder a partes privadas, realizar o proceso de compra dun pedido ou compartir contidos a través de redes sociais.

Cookies de análise: Son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceir@s, permítennos cuantificar o número de usuarias e usuarios e deste xeito realizar a medición e análise estadístico do uso que fan da páxina web. Para isto analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que ofrecemos.

Cookies de remarketing: rexistran a visita de usuarias e usuarios ao noso sitio web co fin de que aparezan anuncios da nosa tenda no timeline das súas redes sociais (Twitter e/o Facebook). As redes sociais encárganse do rexistro e conservación da información.

Se desexas revocar o consentimento prestado ao uso de cookies deberás eliminar as cookies instaladas e, no seu caso, modificar as túas preferencias sobre a aceptación de cookies a través das opcións do teu navegador. Para evitar que se instalen no futuro deberás activar as opcións de Navegación Privada previstas no teu navegador, é dicir, bloquear ou desactivar a instalación de cookies.

Para permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo ou dispositivo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no mesmo, debes seguir as instrucciónss proporcionadas polo propio navegador. A continuación proporcionámosche os enlaces para configurar as cookies dos navegadores máis populares

Internet Explorer: Eliminar e administrar cookies
Mozilla Firefox: Borrar Cookies; Impedir que os sitios web garden preferencias ou estados de sesión en Firefox
Google Chrome: Cómo administrar cookies e datos de sitios
Opera: cookies
Safari: Axustes web de Safari

En caso de bloquear ou desactivar o uso de 'cookies' no teu navegador é posible que algúns servizos ou funcionalidades da páxina web non estean dispoñibles.

Lembra que debes configurar as túas preferencias en todos os dispositivos que utilices para navegar por internet.


Actualización dos datos

En Agarima.com esforzámonos por manter os datos actualizados. Agradecémoste que modifiques no teu perfil de usuari@ os datos que sexan obsoletos ou incorrectos.

Comunicación de datos persoais a terceir@s.

Agarima.com non comparte os teus datos persoais con ninguén salvo os que resultan necesarios para tramitar a túa compra: A entidade coa que realices o pago (PayPal, Entidade bancaria...) e a empresa de transporte que cha leva a casa.


Seguridade

Utilizamos tecnoloxías axeitadas ao estado da técnica actual para protexer os teus datos e informacións persoais, así a nosa páxina página web almacénase en servidores seguros protexidos contra os tipos de ataques máis habituais. Porén, a verdade é que non existe a tecnoloxía invulnerable e por tanto debes poñer os medios ao teu alcance para manter o nivel de seguridade dos teus datos, especialmente recomendásmosche que utilices contrasinais robustos para o acceso á túa conta de usuari@. Recomendámosche ademais que modifiques o teu contrasinal con periodicidade (cando menos unha vez por ano) e que ante calquera sospeita de que alguén poida coñecela, procedas á súa inmediata modificación.


Exercicio de dereitos

En calquera momento poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poñéndote en contacto con nós. Do mesmo xeito poderás solicitar a túa baixa de usuari@ cando o estimes oportuno e darte de baixa no sistema de recepción de comunicacións por vía electrónica. Lembrámoste que o noso correo electrónico é info@agarima.com

Se tes calquera dúbida sobre o xeito de exercer estes dereitos podes dirixirte á páxina web da Axencia Española de Protección de Datos www.agpd.es ou ao noso correo electrónico info@agarima.com.


Visto recentemente

Baleiro

Menu