O xel de baño máis doce, a delicia de nen@s e larpeir@s incondicionais. O aroma intenso e inconfundible da goma de mascar inundará o teu baño. Contén ingredientes de orixe vexetal para a pel delicada de nenas e nenos. 500 ml.
O xel de baño máis refrescante para nenas e nenos a partir dos tres anos. O seu aroma de refresco de cola fará o baño d@s cativ@s da casa máis divertido e apetecible.500 ml.
Fantástico e irresistible aroma de vainilla e galleta recomendado a partir dos 3 anos de idade. Elaborado con ingredientes vexetais da maior calidade, limpa de xeito moi delicado, hidrata e protexe o pelo e a pel d@s cativ@s... e non tan cativ@s. Axuda a desenredar o cabelo e déixao suave e fácil de peitear. 400 ml.
A súa formulación a base de extracto de estruga reduce a formación de caspa. Resulta moi eficaz para a limpeza do pelo e o coiro cabeludo. Proporciona unha agradable sensación de limpeza e frescor. 500 ml.
Xampú con extracto de xirasol especialmente formulado para prolongar a duración da cor nos cabelos tinxidos. Este xampú foi creado para limpar o pelo de xeito suave afectando o menos posible á tintura, de xeito que a cor dure máis. Prevén as puntas abertas e protexe o cabelo. 500 ml.
Xampú con extracto de figo axeitado para cabelos que non son excesivamente graxos nin excesivamente secos. Limpa de xeito eficaz ao tempo que fortalece e nutre o pelo. Atrasa a aparición de puntas abertas. 500 ml.
Xampú para cabelo graxo con extracto de lavanda. Especificamente formulado para pelo con tendencia a unha produción excesiva de graxa. O seu uso deixa o pelo limpo, suave, solto e cunha confortable sensación de frescor.500 ml.
Xampú con extracto de Aloe Vera axeitado para cabelos secos.Hidrata e suaviza o pelo excesivamente seco. Devólvelle ao cabelo o seu aspecto saudable e natural e vólveo máis doado de peitear. A hidratación extra que lle aporta ao pelo axuda a previr as puntas abertas que tanto afectan ao cabelo seco.500 ml.
Xel hidratante de baño indicado para todo tipo de pel. Hidrata e limpa en produndidade. Nutre a pel ao tempo que a deixa limpa e suave sen causar irritacións.500ml.
Xel cremoso de baño con manteiga de cacao recomendado para todo tipo de peles. A manteiga de cacao hidrata en profundidade a pel e axuda a mantela suave tras cada ducha ou baño.500 ml.
Xampú de cacao para uso frecuente indicado para cabelos secos e danados. Contén manteiga de cacao, urea e provitamina B5 que protexen o teu pelo. Non contén parabenos nin siliconas. 400 ml.
Acondicionador suavizante con manteiga de cacao para cabelos secos ou danados. Acondiciona o pelo en toda a súa extensión, dende a raíz até as puntas e evita que se enrede. 200 ml.
O xel de baño de coco, co seu aroma intenso e inconfundible, está recomendado para calquera tipo de pel. A súa fórmula inclúe D-panthenol e lípidos de coco, ricos en Omega 3 e Omega 6, que suavizan visiblemente a pel volvéndoa máis tersa e elástica. 500 ml.
Este xel de laranxa inundará o teu baño cun irresistible aroma de laranxas acabadas de espremer. Contén manteiga de laranxa, Coco-glicósido e D-pantenol e resulta xenial para calquera tipo de pel. Os seus ingredientes hidratan, suavizan e lubrican a pel respectando o seu PH natural. O seu aroma e a sensación que deixa na pel sorprenderante.500 ml.
Xel de baño con aceite de oliva D-panthenol e axentes limpadores de orixe vexetal. Suaviza e hidrata profundamente a pel ao tempo que a limpa. 500ml.