Aviso legal

Hortensia García Díaz é a titular dos servizos de venta que se prestan na páxina web "http://agarima.com". En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, a continuación expóñense os seguintes datos:

Nome: Hortensia García Díaz
NIF: 43672923V
Enderezo: R/ Reveriano Soutullo nº 6 Baixo. 36800 REDONDELA (Pontevedra)
Correo electrónico: info@agarima.com

As seguintes condicións xerais regulan o uso permitido desta páxina web, da que é responsable legal Hortensia García Díaz (de aquí en diante Agarima.com).
Estas condicións xerais regulan o acceso e utilización que a titular da web pon gratuitamente a disposición das usuarias e usuarios de internet. O acceso á mesma implica a súa aceptación. O usa da web, así como a realización dun pedido, supón a aceptación plena das presentes condicións.


Uso da páxina web

A usuaria ou usuario comprométese a usar a web, os seus servizos e contido de xeito correcto e lícito.

Agarima.com proporciona acceso a diversos contidos aos que a usuaria ou usuario pode ter acceso. A usuaria ou usuario asume a responsabilidade do uso da web. Esta responsabilidade exténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No mencionado rexistro a usuaria ou usuario será responsable de aportar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro pódese proporcionar un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.

Pretendemos que todas as persoas que acceden a Agarima.com se poidan sentir cómodas e respectadas na nosa web. Por este motivo Agarima.com resérvase o dereito a retirar todos aqueles comentarios e aportacións de usuarias e usuarios que vulneren o respecto á dignidade das persoas, que sexan discriminatorios ou que, ao seu xuizo, non resulten axeitados para a súa publicación. En calquera caso, Agarima.com non será responsable dos contidos ou opinións realizadas por terceiras persoas a través dos comentarios ou outras ferramentas de participación.

Na nosa tenda, ademais de contidos propios aparecen contidos (imaxes de produtos, logos, nomes comerciais etc...) que pertencen a outras persoas ou empresas. Por este motivo non podemos autorizar o seu uso, xa que non somos os titulares dos seus dereitos.
Con respecto aos contidos propios es libre de usalos, distribuílos, compartilos etc... cos únicos requisitos de citar a fonte e non usalos con ánimo de lucro ou fins comerciais. Se queres usar algún dos nosos contidos e tes dúbidas ao respecto non dubides en contactar con nós.

No caso de que en Agarima.com se dispuxesen enlaces ou hipervínculos a outros sitios de internet, non exercerá ningún tipo de control sobre ditos sitios e contidos. A utilización de enlaces a outras páxinas non supón en modo algún responsabilización nin apropiación do contido das mesmas, sen que se poida entender que se produce laboura algunha de supervisión dos cambios ou informacións que nelas se realicen. Aconsellamos a quen visite as mesmas actuar con prudencia e consultar as eventuais condicións legais que se expoñan en ditas webs.


Agarima.com resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á web e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou de terceiras persoas, a aquelas usuarias ou usuarios que incumpran as presentes concicións.


Agarima.com poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquó aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes até que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

Agarima.com non se fai responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que se poidan ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade da web ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de teren adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.


A relación entre Agarima.com e a usuaria ou usuario rexirase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e Tribunais de Pontevedra.


Visto recentemente

Baleiro

Menu