Condicións xerais

Condicións xerais de venta

O presente contrato electrónico celébrase baixo a normativa española e en concreto baixo o réxime legal imposto pola Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSICE). O idioma no que se realizará o contrato será o galego, catalán ou castelán, existindo nesta web unha versión en cada un destes idiomas. As presentes condicións xerais deben ser aceptadas antes de proceder ao pagamento dos produtos.


Proceso de Compra.

Para realizar unha compra en Agarima.com debes seguir o seguinte proceso:

1º.- Seleccionar os produtos que desexes comprar.

2º.- Pulsar o botón “Á cesta!”, quedando incorporado o produto á túa cesta da compra, se o desexas poderás seguir engadindo máis produtos á túa cesta da compra.

3º.- Concluída a selección de produtos deberás pulsar o botón “Rematar a compra”.

4º.- Para finalizar o proceso deberás identificarte cos datos da túa conta de usuaria ou usuario ou completar o formulario de rexistro se aínda non estás rexistrad@.

5º.- Por último deberás elixir o sistema de pagamento da túa compra entre os ofrecidos por Agarima.com.

6º.- Unha vez finalizado o proceso de compra enviarémoste un correo electrónico no que se detallarán os datos da túa compra. Se non recibes este correo en 24 horas ou aprecias calquera erro, por favor ponte en contacto con nós.


Prezos e gastos de envío

Os prezos indicados na nosa tenda son válidos para España e Portugal e inclúen sempre o IVE.

Só realizamos envíos dentro da Península Ibérica. O envío da túa compra realízase por medio dunha empresa de mensaxería (habitualmente MRW) e pode tardar entre dous e tres días hábiles dende que recibimos o teu encargo. En calquera caso tentaremos que o recibas o antes posible. Os gastos de envío a calquera punto da Península Ibérica serán de 6,90€. Os gastos de envío correrán da nosa conta a partir de 49 € de compra.

En caso de pago por transferencia o prazo de entrega comezará a contar dende o día da recepción na nosa conta bancaria da transferencia/ingreso correspondente ao pagamento da túa compra. En caso de pago mediante tarxeta o prazo de entrega comezará a contar dende o momento de finalizar a compra.


Devolucións

Traballamos para que quedes satisfeit@ coa túa compra e agradecémosche que te poñas en contacto con nós en caso de que isto non ocurra; tentaremos solucionar a túa incidencia do mellor xeito posible.

En caso de calquera problema que supoña a devolución da túa compra (ou parte dela) debes comunicárnolo mediante a sección de contacto da nosa web ou a info@agarima.com.

As devolucións tramitaranse no transcurso de 2 a 5 días hábiles.

Se o produto está defectuoso ou foi danado durante o transporte ponte en contacto con nós antes de devolvelo. Encargarémonos de que poidas devolver o produto na súa embalaxe orixinal, asumindo Agarima.com os gastos de envío da devolución. Agarima.com procederá ao reenvío do produto de xeito totalmente gratuíto.

Nos casos de rotura durante o transporte é imprescindible que nolo comuniques o mesmo día de ter recibido o paquete e anotar as incidencias no albarán de entrega do transportista.

Se o produto está defectuoso dispós de 14 días para comunicárnolo e indicarémosche como realizar a devolución.

Se o produto entregado non coincide co solicitado no pedido debes comunicárnolo canto antes dentro do prazo de 14 días. Contáctanos mediante a sección de contacto da nosa web ou a info@agarima.com e solucionaremos a túa incidencia o antes posible.

O reembolso do importe da compra efectuarase unha vez teña sido comprobado o estado da mercancía e co mesmo medio de pago utilizado para pago do pedido.

Lembra non tirar nunca o embalaxe dos produtos até comprobar que se atopan en perfecto estado.
Antes de abrir ningún produto, rogámoste que verifiques que todos os produtos coinciden cos que foron pedidos, e que fagas unha reclamación inmediata, en caso de que haxa algunha anomalía. En caso de anomalía nalgún produto, rogámoste que non o saques da súa embalaxe orixinal.

Debido á visualización das cores no monitor e dependendo dos axustes do mesmo pode existir unha pequena variación de cor e detalle entre o que se ve en cada pantalla e a realidade. Non podemos aceptar cambios ou devolucións debido a que a cor non sexa exactamente a mesma que se agardaba. Do mesmo xeito, no caso dos produtos cosméticos e de beleza, non dispoñen de garantía de devolución amparada pola lei debido á súa natureza de bens de consumo. Só se aceptarán devolucións se un produto chega en mal estado debido a problemas de fábrica ou problemas co transporte ou non se corresponde co produto pedido.

Deberás comunicar calquera incidencia a través dos seguintes medios:

Notificándoo na sección "Contacto" desta web
Escribíndonos ao enderezo de correo electrónico info@agarima.com

En calquera caso se tes calquera tipo de problema co teu pedido no dubides en poñerte en contacto con nós. Faremos todo o posible por atopar unha solución satisfactoria.


Esta páxina web ríxese pola lexislación española. Calquera controversia someterase aos Xulgados e Tribunais de Pontevedra.


Visto recentemente

Baleiro

Menu