E ti... de quen ves sendo?

Agarima.gal é a fiestra dixital dende a que podes asomarte á nosa tenda. Un comercio familiar onde seleccionamos persoalmente os produtos que pensamos que realmente poden satisfacer a todas as persoas que vos achegades até nós.

Gústanos coñecer a nosa clientela e atendela persoalmente e, de feito, foron as suxerencias das nosas clientas as que nos animaron a crear esta web para facer a nosa tenda accesible dende calquera lugar.
Queremos que esta web sexa unha extensión dixital do noso xeito de entender a relación coas clientas e clientes que temos na tenda. Por iso todas as vosas compras son atendidas por Hortensia (alma mater da tenda e do clan agarima) do mesmo xeito que se viñésedes persoalmente á tenda. Cando nos fas as túas compras dende agarima.gal recibímolas directamente no ordenador do noso mostrador e ocupámonos de preparar o teu paquete do mesmo xeito que se viñeses en persoa.
Hostensia en Agarima
Como bo negocio familiar contamos co mellor equipo para atenderte: Hortensia -alma mater da tenda e do clan agarima, nada disto sería posible sen ela; Lalo -compañeiro, axudante e encargado de que esta web funcione case sempre; e Olaia -a xeración máis nova de agarima, con toda a forza da xuventude e encargada de traernos as últimas tendencias.
Non almacenamos miles de produtos nin ofrecemos centos de marcas diferentes; todo o que ves na web está agora mesmo na nosa tenda e foi seleccionado por nós mesmos porque realmente nos pareceu que cumplirá coas vosas espectativas. Coñecemos en profundidade e temos probado (con axuda de familia e amig@s) todos e cada un dos produtos que ofrecemos. En definitiva: agarima.gal é a versión para internautas da túa tenda de toda a vida, na que non vendemos nada que non nos teña convencido antes a nós. Se un produto non nos acaba de convencer simplemente non o poñemos á venda.

Como non podería ser doutro xeito estamos á vosa disposición para resolver as vosas dúbidas, atender os vosos comentarios e aceptar as vosas críticas a través de calquera dos nosos medios de contacto. Mentres estamos na tenda mantemos os nosos canles de comunicación (e-mai, teléfono, whatsapp, facebook...) permanentemente abertos e atendémolos do mesmo xeito que te atenderíamos se estiveses diante do noso mostrador. Non dubides en contactar con nós, estamos aquí para atenderte.

E se ademais de visitarnos na rede queredes pasar pola nosa tenda física estaremos encantados de atendervos en Redondela, estamos na rúa Reveriano Soutullo nº6 e encántanos recibir visitas!
Estanterías en Agarima

Visto recentemente

Baleiro

Menu