Pago seguro

Podes realizar o pagamento da túa compra con tarxeta ou mediante transferencia bancaria.

Con tarxeta:

Nós usamos a pasarela virtual de pago de ABANCA. A tramitación do teu pago realízase directamente entre a túa tarxeta e banco. En ningún momento nós temos acceso aos datos da túa tarxeta e a fiabilidade e seguridade do pago esá garantizada polas medidas de seguridade do propio banco.

Para maior seguridade a nosa pasarela de pago só admite pagos con tarxetas securizadas (hoxe en día case todas o son). Con este sistema o que se pretende é que se alguén se fai coa túa tarxeta non poida realizar pagos sen o teu consentimento con só coñecer o número de tarxeta.
Durante o proceso de compra deberás autentificarte como propietario da tarxeta introducindo o teu contrasinal para compras virtuais, un código enviado ao teu móbil ou a través da túa banca electrónica. Se a túa tarxeta non está preparada para operar con pagos securizados debes solicitarlle ao teu banco (normalmente pódese facer tamén na túa conta de banca electrónica) que active esta opción na túa tarxeta.

Pero... isto é seguro? Este sistema é 100% seguro. Pensa que os datos da túa tarxeta e a verificación polo sistema securizado se transmiten directamente ao banco con todas as medidas de seguridade dixital das que a propia banca dispón, non pasan nin sequera pola nosa páxina, así que podes ter a certeza de que a seguridade é máxima.

Mediante transferencia:

Ao final do proceso de compra, se elixes pagar por transferencia, aparecerán os datos da nosa conta e a referencia do teu pedido para que poidas facer a transferencia. Temos que agardar recibir o aviso da transferencia, polo que con este metodo os envíos demóranse un chisco máis (un ou dous días). Lembra poñer a referencia do pedido no concepto da transferencia para axilizar a comprobación da mesma. Recibirás todos os datos para realizar a transferencia tamén por correo electrónico.


Visto recentemente

Baleiro

Menu