Arxila verde 100% natural ideal para realizar máscaras faciais e corporais ou cataplasmas depurativas e calmantes. Purifica a pel arrastrando as impurezas e ten un efecto calmante e remineralizante.300 ml.
Xel exfoliante con aceites esenciais de tileiro e limón, que calman a pel. Pode ser usado como exfoliante tanto facial como corporal. Os grans moídos de bambú e albaricoque eliminan as células mortas e limpan a pel en profundidade. 200 ml.
Esta crema facial, hidratante e nutritiva pode ser usada tanto de día como de noite. Asegura 24h de hidratación. A caléndula apórtalle un gran poder calmante, ideal para peles delicadas con tendencia a irritarse ou mesmo como crema para despois do afeitado. 50 ml.
Crema facial rexenerante con manteiga de karité ecolóxico indicada para peles secas ou envellecidas. Contén Centella asiática, aceite de oliva e aceites esenciais de mirra e laranxa, con gran poder rexenerante, protector e nutritivo.Sen perfumes, colorantes nin parabenos. 50 ml.
Crema facial hidratante con áloe vera ecolóxico indicada para equilibrar as peles mixtas. Asegura gran hidratación e nutrición ao tempo que regula a produción de graxa. Ideal para garantir unha excelente hidratación e ao mesmo tempo evitar o exceso de graxa na pel. 50 ml.
Crema facial con aceite esencial de árbore de té ecolóxico. Está indicada principalmente para peles graxas e mixtas ou con acne. Tamén resulta moi eficaz para aquelas persoas que desexan obter un efecto mate na pel do rostro. 50 ml.
Crema facial antiengurras con aceite de argán ecolóxico. O seu alto contido en vitamina E apórtalle un enorme poder antioxidante e resulta ideal para combater as engurras e lucir unha pel tersa e radiante. 50 ml.
Manteiga de karité 100% pura procedente de cultivos ecolóxicos. Pode ser usada como crema habitual en todos os tipos de pel e tamén resulta eficaz para aliviar as irritacións e queimaduras solares. Forma unha capa invisible sobre a pel que a protexe e impide a súa deshidratación. 100 ml.
Aceite puro de rosa mosqueta cultivada de xeito ecolóxico nos Andes. Ten un enorme poder rexenerador celular. Atenúa as engurras, as marcas producidas pola acne e as estrías e axuda a tratar e rexenerar as cicatrices.O seu uso diario rexenera e nutre a pel atrasando o seu envellecemento. 30 ml.
Aceite puro de argán procedente de cultivo ecolóxico para uso facial e corporal. Ten unhas notables propiedades antienvellecemento e unha gran capacidade para hidratar e nutrir a pel de rostro e corpo. 60 ml.
Loción corporal con rosa mosqueta e caléndula de alta acción calmante e hidratante para a pel. Un leite corporal ideal para hidratar e rexenerar todo tipo de peles, incuso as máis delicadas, como a d@s nen@s e bebés. Resulta excelente para peles atópicas, sensibles e con eccemas.200 ml.
Preparado cun 97% de zume de áloe vera ecolóxico enriquecido con aceite esencial de árbore de té e lavanda que aportan os seus efectos antisépticos e calmantes ao áloe. Hidrata, protexe, suaviza e rexenera a pel. 250 ml.
Aceite corporal 100 % natural a base de de árnica con efecto calmante e antiinflamatorio. Os aceites esenciais antiinflamatorios e miorelaxantes da súa composición alivian as dores localizadas como a dor de lombo ou cervical. 60 ml.
Aceite corporal 100 % natural de castiñeiro da India con acción circulatoria e tonificante ideal para tratar a inchazón e a sensación pesada nas pernas cansas. A acción do castiñeiro da India é reforzada polos aceites esenciais de menta, romeu, ciprés e limón. 60 ml.
Aceite corporal 100% natural de Rosa Mosqueta sobre unha base de aceite de améndoas. Ademais do aceite de rosa contén xerme de trigo e aceite esencial de lavanda. Ideal para atenuar as estrías, cicatrices ou calquera imperfección da pel. 125 ml