Arxila verde

Produto novo

Arxila verde 100% natural ideal para realizar máscaras faciais e corporais ou cataplasmas depurativas e calmantes.  Purifica a pel arrastrando as impurezas e ten un efecto calmante e remineralizante.
300 ml.

Máis detalles

11,95 €

- +

Marca: Mon

Etiquetas: facial, cosmética natural

 
Máis información

Arxila verde 100% natural ideal para realizar máscaras faciais e corporais ou cataplasmas depurativas e calmantes. A arxila ten demostrada, dende hai séculos, a súa efectividade na absorción de toxinas e a rexeneración da pel, sendo moi habitual o seu uso como remedio tradicional en practicamente todas as culturas. Purifica a pel arrastrando as impurezas e ten un efecto calmante e remineralizante.

Aplicación: Esta arxila preséntase xa preparada con auga para a súa aplicación directa. Aplícase directamente sobre a pel e debe deixarse secar antes de retirala con auga morna. Sobre a pel da cara recomendamos deixala actuar entre 5 e 10 minutiños antes de retirala. Para uso corporal é preferible deixala actuar un pouco máis de tempo, entre 10 e 15 minutos aproximadamente.

Cantidade: 300 ml.

 
Composición

Auga, arxila Montmorillonita.

30 outros produtos da mesma categoría:

Áloe Vera

14,99 €

Visto recentemente

Menu