Benvid@ ao noso blog.

Benvid@ ao noso blog.

Agarima é a versión dixital da nosa tenda, na que podes atopar cosmética, xabón artesán, produtos de baño, liñas ecolóxicas de beleza... e moi pronto incorporaremos á web a nosa sección de maquillaxe.

Na tenda encántanos a trato persoal con tod@s @s nosa@s client@s e queremos trasladar ese espírito á web. Non dudes en contactar con nós para calquera cuestión que se che ocorra, mentres estamos na tenda mantemos o mail permanentemente aberto e atendémolo do mesmo xeito que te atenderíamos se estiveses diante do noso mostrador.

A través deste blog irémosvos contando as novidades da tenda, algúns consellos para coidar a vosa pel, cousas que nos gustan e pensamos que merecen ser compartidas...

Agardamos que vos resulte interesante... ou cando menos ameno!

Publicado o 2017-12-01 por agarima Home, Xeral

Arquivos do blog

Categorías do blog

Busca no blog

Visto recentemente

Baleiro

Menu