Contámosvos un pouquiño quen somos.

Contámosvos un pouquiño quen somos.

A nosa tenda é un negocio familiar no que ofrecemos produtos destinados ao benestar persoal: cosmética, xabón artesán, productos naturais para o coidado da pel, maquillaxe...

A pesar de que nos teñas atopado na rede a nosa tenda é en realidade un comercio tradicional, sinxelamente abrimos o noso recuncho dixital para ser accesibles dende calquera lugar e en calquera momento. Por este motivo, e seguindo o mesmo espírito que na nosa tenda física, nesta web non atoparás miles de produtos de centos de marcas diferentes. Todo o que ofrecemos na web está na nosa tenda neste mesmo momento e foi seleccionado e probado por nós para poder ofrecer unha selección de produtos que coñecemos ben e nos que realmente confiamos.

Cada unha das cousas que temos á venta foi escollida porque nos convenceu a súa calidade, nos parececeu destacable a súa relación calidade-prezo e consideramos que podemos recomendarlla sen reservas a calquera d@s client@s que xa confían en nós. Se un produto non nos acaba de convencer non o poñemos á venta. Neste punto temos que agradecer a familiares, amigas e clientas as que lles pedimos que nos axuden a probar algúns produtos para ter as súas impresións. Agardamos seguir contando coa súa colaboración, xa que constantemente buscamos novas cousas que ofrecervos e coas que ampliar a nosa oferta.

Cando nos fas as túas compras dende agarima.gal recibímolas directamente no ordenador do noso mostrador e ocupámonos de preparar o teu paquete de igual xeito que se estiveses aquí. Como bo negocio familiar contamos co mellor equipo posible para que a túa compra sexa unha experiencia fantástica: Hortensia -alma mater da tenda e do clan agarima, nada disto sería posible sen ela; Lalo -compañeiro, axudante e encargado de que esta web funcione case sempre; e Olaia -a xeración máis nova de agarima, con toda a forza da xuventude e encargada de traernos as últimas tendencias.

Entre @s tres iremos construíndo este blog con todos aqueles temas que creamos que vos poden interesar e pouco a pouco iremos contándovos máis cousas sobre nós!

Publicado o 2017-12-04 por agarima Home, Xeral

Arquivos do blog

Categorías do blog

Busca no blog

Visto recentemente

Baleiro

Menu